O Porriño restaura os murais contra a violencia contra a violencia machista que foron vandalizados
Alejandro Lorenzo advertiu que dende o Concello "non se tolerarán comportamentos coma estes que demostran que queda moito por facer a prol da igualdade"

Mural / Concello de O Porriño

Vigo
O Concello do Porriño vén de restaurar os murais contra a violencia machista que sofriran actos vandálicos e fai un chamamento á tolerancia e a poñer fin a calquera expresión de odio.
Estas obras, situadas en puntos negros do centro urbano onde se deron agresións machistas, foron instalados pola concellería de Igualdade o pasado 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, no marco da campaña "O amor non é violencia"
Son obras das artistas Eva Casais, Gemma Marqués, Tamara Baz e Lorena Arévalo, que reivindican as relacións de igual a igual entre persoas. Unhas semanas despois de ser instalados amaneceron con pintadas e, pese a ser borradas, volveron ser atacados.
Ante estes actos vandálicos o alcalde, Alejandro Lorenzo, expresou a súa "condena firme" e recordou que dende o Concello" non se tolerarán comportamentos coma estes que demostran que queda moito por facer a prol da igualdade". O rexedor quixo agradecer a colaboración cidadá, xa que en canto a veciñanza tivo coñecemento das pintadas o trasmitiron ao Concello que "os restaurou e devolveu ao seu estado inicial" e advertiu o fará "tantas veces como sexa preciso para demostrar que a mensaxe que estes murais representan é moito máis forte que calquera expresión de odio. A intolerancia non ten cabida no Porriño"
Pola súa banda, a concelleira de igualdade, Carolina González, acudiu a ver os traballos de restauración dunha das obras, que desenvolveu a propia autora, Tamara Baz. ";Quen pretenda silenciar as reivindicacións feministas e contra a violencia machista debe saber que non o vai conseguir no Porriño", advertiu a concelleira, "Queda moito por facer neste eido, pero o faremos con firmeza e sen dar nin un paso atrás";. González explicou que unha vez borradas as pintadas os murais foron cubertos con barniz para que calquera ataque posterior poida borrarse con facilidade e sen lastimar a obra.