Sociedad | Actualidad
Redondela

A alcaldesa responsabiliza o PP de deixar á veciñanza sen Servizo de Emerxencias

O Grupo municipal popular, que criticaba con dureza na prensa e redes sociais “a inactividade do Goberno”, votou onte en contra da aprobación do GES Redondela-Mos proposto pola propia Xunta de Galicia

Concello Redondela / redondela.gal

Concello Redondela

Vigo

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou hoxe de “absoluta irresponsabilidade” a negativa do PP, plasmada no seu voto en contra no pleno de onte, á posta en marcha do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) Redondela-Mos, iniciativa que partía da Xunta de Galicia e que o Concello de Mos xa aprobara no seu respectivo pleno municipal.

“O PP local demostrou onte, e xa con total claridade, que lle importa máis desgastar a este Goberno por calquera medio, aínda que sexan falsidades, que a propia seguridade das veciñas e veciños de Redondela ás que deixa sen un servizo de emerxencias”.

Rivas considera “unha paradoxa” que logo de meses de críticas sobre este asunto “en prensa e nas redes sociais acusando ao Goberno de inactividade, cando o teñen sobre a mesa voten en contra”. A negativa de onte do PP ao GES, di a rexedora local “non so contradí un plan do seu propio partido na Xunta senón, que é o máis grave, prexudica a toda a cidadanía que, pola súa irresponsabilidade, queda desprotexida ante un sinistro”.

O Goberno socialista que encabeza Digna Rivas lembra, que dende a súa chegada ao Concello “a creación dun servizo de emerxencias que cubrira as necesidades de Redondela foi, e segue a ser unha prioridade”. Tanto é así que, a pesar de que o convenio proposto “ten irregularidades, coñecidas sobradamente pola Xunta de Galicia e non é un convenio ideal, antepuxemos os intereses das veciñanza ao levalo a pleno para súa aprobación”.Doutra banda, continúa a alcaldesa, “o PP coñece perfectamente que o atraso na contratación de persoal viu dada pola impugnación do CSIF as bases de contratación e a petición da suspensión cautelar das mesmas, coa conseguinte paralización dos trámites”.

Malia a impugnación sindical, a xuíza que levaba o proceso de Mos, optou polo levantamento das medidas cautelares antes de ditar sentencia, polo que o Concello mosense puido levar a cabo a contratación de persoal.Por contra, o xulgado encargado de resolver o asunto en Redondela, optou pola non suspensión das medidas cautelares ata que se ditou sentencia o 23 de decembro do 2021, o que impediu que o Concello redondelán puidera contratar o persoal antes. “Todo isto o coñece perfectamente o PP que, durante estes meses, optou por ocultar a verdade á veciñanza e utilizar todos os medios ao seu alcance para desgastar e desprestixiar ao Goberno local, a sabendas que estaban terxiversando a realidade e enganando á cidadanía”.

O Goberno socialista de Redondela “en dous anos, leva feito máis por dotar ao municipio dun servizo de emerxencias, que o PP nos oito anos que gobernou con anterioridade”, afirma a alcaldesa. Agora, dentro da súa clara liña de “obstrucionismo e poñer paus nas rodas”, votan incluso en contra dun proxecto da Xunta de Galicia que goberna o seu propio partido.Digna Rivas asegurou á veciñanza que “o Goberno utilizará todos os medios que ten ao seu alcance para que Redondela teña o Servizo de Emerxencias do que o PP os privou nos últimos anos”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00